O escritor Rodrigo Costoya visita A Coruña o sábado 17 de abril para unha conversa coas persoas que xa leron «El custodio de los libros»

A cita é na Agrupación cultural Alexandre Bóveda ás 13:00 horas. Aforo limitado. A novela gañadora do IX Certame de Novela Histórica de Úbeda xa ten tres edicións en so 6 meses de vida. No século XV en Galicia, a protección dunha biblioteca fabulosa na serra do Barbanza é o principal argumento da novela

A Coruña será a primeira localidade galega na que Rodrigo Costoya, o autor de «El custodio de los libros» (Ediciones Pàmies) manteña un encontro en persoa con lectores e lectoras da novela para poder conversar con calma sobre a historia que xa ten atrapadas a miles de persoas en toda España. En seis meses vai xa pola súa terceira edición.

A novela, que transcorre no século XV en Galicia entre o Barbanza, Baiona, Compostela e A Coruña, principalmente, narra a historia dun monxe franciscano que ten como misión vital preservar unha biblioteca chea de grandes obras, ante o perigo que supón  a Santa Inquisición.

Tamén acaba de chegar á terceira edición a súa primeira novela «Portosanto» (Toxosoutos), neste caso en galego. Esta novela foi a que iniciou a triloxía «De luz e de tebras», da que ainda non se editou a terceira parte.

O encontro será o sábado 17 de abril ás 13 horas no local da Rúa Olmos 18 da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Para reservas unha das poucas prazas dispoñibles hai que escribir un correo a rodrigocostoyaescritor@gmail.com

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.