O festival de arte Culturbán chega a Fingoi

Maite Ferreiro: “Trátase dunha fórmula de interacción global coa cidade e cos seus barrios, tanto a nivel urbanístico como social”

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo continúa co festival de arte urbano Culturbán, que se iniciou o mes pasado coa realización dun combate de murais ao aire libre. O artista encargado, nete caso, foi “Davixino” – David Fernández Rodil e a obra escollida para continuar coas intervencións artísticas, realizando un mural A Polveira, situado na ronda de Fingoi á altura das vivendas do grupo La Paz.

O festival de arte Culturban é unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade. “O obxectivo destas intervencións é conseguir un Lugo vangardista, participativo e amable, ao mesmo tempo que damos a oportunidade aos artistas locais para que colaboren na decoración da cidade”, explicou Maite Ferreiro.

O Artista grupo de artistas esta a ser coordinado por Iago Eireos, ao frente de Espazo Lupa. Foi “Davixino” – David Fernández Rodil  procendente da localidade lucense de Burela o que plasmou a súa obra A Polveira dentro do Festival de arte Cultúrban. “Trátase dunha fórmula de interacción global coa cidade e cos seus barrios, tanto a nivel urbanístico como social”, declarou Maite Ferreiro, que engadiu “é unha experiencia única xa que durante todo o proceso creativo se usarán as rúas de Lugo, tanto como taller de traballo, como lenzo e como galería”.

Continúa a mostra de oficios ao vivo, Artesanía Viva, na praza da Soidade

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, tamén destacou a continuidade da mostra de artesanía Artesania Viva, organizada pola área de Cultura xunto con Traxandaina. Con esta actividade estase a optimizar o uso da carpa situada na Praza da Soidade que acollerá durante os sábados de abril unha mostra que nos permitirá lembrar os oficios que se podían atopar nas feiras e festas de comezos do século XX.

A moistra Artesanía Viva terá lugar os sábados de abril, entre as 11 e as 20 horas, e cada día contará cun grupo de artesáns.  O programa xeral da mostra de artesanía contempla os seguintes artesáns: día 3 de abril mostra de Luís Tordea (cadeiras), Fernando Reboredo (follalateiro) e Bolboreta Fiandeira (fiado de liño e lá). Para o sábado 10, contarase con Alberto Uria (ecomuseo) e Marga Portomeñe (mostra de cabezudos). O sábado 17 contarase con Xalgarete (cianotipias en tela), Xosé Darriba (escultura) e Miguel Mosquera(pito pastoril). Pecharán a mostra o sábado 24 os luthieres Xermán Arias (corda), Xaneco (percusión) e Lis (gaitas).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.