O Museo Arabo recibe o distintivo SICTED un ano máis

O Distintivo foi recollido polo alcalde do Concello, Horacio Gil e o responsable do Museo Arabo, Guillermo Gayoso. O Museo leva dende o 2006 recibindo este distintivo de calidade

O pasado luns celebrouse a I Gala de Calidade Turística no Destino SICTED Condado Paradanta, evento onde se entregou un ano máis o distintivo SICTED ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, un distintivo que premia a excelencia e a profesionalidade de empresas e servizos túristicos.

O acto ao que asistiu o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o responsable do Museo Arabo, Guillermo Gayoso, onde este último recibiu o distintivo SICTED da man do alcalde.

O Centro de Interpretación do viño e a Lamprea Arabo, leva recibindo este distintivo de calidade dende o ano 2006.  O distintivo é o soporte que acredita o cumprimento dos requisitos establecidos na metedoloxía e recoñece o esforzo e compromiso de calidade e a mellora continua, a vez que distingue o establecemento frente a competencia – informa o alcalde Horacio Gil

O Centro de Interpretación do viño e da Lamprea Arabo, e unha fiestra cara os visitantes para descubrir o que o Concello de Arbo pode ofrecer, ademais de transmitir a través dos paneis e os vídeos a verdadeira realidade e a historia de Arbo.

No ano 2020 mellorouse o deseño, promoción e execución da actualización  e mellora da exposición permanente do centro de interpretación da lamprea e do viño do condado“ coa dotación de sistemas multimedia para o visionario de contidos de vídeo e interactivo: pantallas táctiles, monitores de vídeo e proxectores con novos vídeos, fotografía, grafismos, vídeo e contidos interactivos e redacción de novos textos.

O Museo Arbo, alberga un espazo cunha exposición permanente sobre a Festa da Lamprea. A primeira Festa da Lamprea ten lugar o día 16 de abril de 1961, organizada por un grupo de veciños, funcionarios e restauradores do Concello a cargo da Comisión «Pro Homenaxe á Lamprea», con esta exposición permanente  mostrase o traballo realizado e a importancia desta xornada festiva, así como, tamén é o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que o Arbo proporciona.

Según afirma o rexedor, Horacio Gil,  “o municipio de Arbo, permite aos visitantes disfrutar dunha excelente enogastronomía, e a súa vez ofrece cultura, patrimonio e magníficos paisaxes. Arbo, cada vez, é máis demandado polo público en xeral”.

Foto portada: Anxo Gutiérrez

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.