O Presidente da Deputación pon os parques do Consorcio ao servizo do Concello de Lugo para mitigar os danos no Ceao

O Presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Tomé Roca, puxo esta mañá os parques de Sarria e Vilalba ao servizo do Concello de Lugo para axudar a mitigar o incendio orixinado no polígono industrial do Ceao e que danou a varias naves industriais. Así o confirmou Tomé, nunha visita á zona arrasada polo lume, na que comprobou os danos e explicou que as dotacións de Sarria e de Vilalba achegáronse á capital da provincia para reforzar aos efectivos municipais. O Presidente estivo acompañado polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

“Puidemos comprobar que os danos son enormes, hai naves completamente colapsadas e as perdas son tremendas. Estamos a disposición do Concello e tamén dos empresarios”, dixo Tomé, que tamén trasladou a súa solidariedade ao delegado provincial da Confederación de Empresarios, Jaime López.

Desde o Consorcio Provincial tamén se alertou aos parques de bombeiros de Barreiros e Monforte para dar cobertura, en caso de necesidade, ás zonas que quedaron sen efectivos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.