O reitor, Julio Abalde, reuniuse co Cónsul Xeral de Panamá na Coruña, Aarón Medina, para intensificar a mobilidade internacional do estudantado

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde,  reuniuse co Cónsul Xeral de Panamá na Coruña, Aarón Medina, xunto coa vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, e a Adxunta de Proxección Internacional e Política Lingüística, Begoña Crespo

Na reunión, que tivo lugar onte na Reitoría, tratáronse diversas posibilidades de colaboración entre a UDC e as universidades e empresas panameñas. Entre algunhas das cuestións abordadas está a intensificación dos programas de intercambio académicos do estudantado e profesorado, así como a realización de prácticas internacionais do alumnado.

O cónsul manifestou o seu gran interese en que o estudantado panameño realice estadías na Universidade da Coruña, para poñer en valor España fronte a Estados Unidos como destino habitual para cursar estudos superiores.

Así mesmo, na xuntanza profundouse na posible relación con empresas panameñas para traballar conxuntamente en proxectos de investigación incidindo nas fortalezas de Panamá vinculadas á enxeñaría, náutica, ao sector naval e ao turístico.

Tanto o reitor como o cónsul consideraron a reunión como “frutífera” e que levará a interesantes acordos posteriores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.