Olalla Rodil “A Xunta mantén pechado o servizo de doazón de sangue do HULA, o que este ano estivo aberto só 4 días”

O BNG levará ao Parlamento galego iniciativas para  que se garanta o funcionamento do servizo de doazón

A viceportavoz do BNG e deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil,  denunciou a xestión do Partido Popular á fronte da Xunta en referencia ao funcionamento do servizo de doazón de sangue de Lugo, concretamente no HULA, o que desde novembro de 2020 estanse a producir peches por mor da falta de facultativos no servizo.

Por esta razón, o BNG presentará no Parlamento galego iniciativas para que se garanta o funcionamento do servizo, cubrindo as tres prazas adicadas a esta función, e así,  poña freo a inestabilidade do servizo como a precariedade a que están actualmente as traballadoras e traballadores.

Olalla Rodil declarou que “desde novembro de 2020 a falta de persoal impide o funcionamento normal do servizo, neste 2021 o servizo estivo pechado 54 días, é dicir, só estivo aberto 4 días”. Neste senso, Rodil subliñou que moitas das traballadoras e traballadores que exercen en doazóns están contratados de forma temporal, o que “a Xunta sostén na precariedade un servizo que salva vidas” subliñou.

A viceportavoz do BNG fixo fincapé en que “isto é insostíbel, a necesidade de sangue non entende de días da semana ou de condicións administrativas, precísase sempre” ao que engadiu “a propia Xunta fai campañas para animar a doar, o cal é inadmisíbel que xente que queira doar sangue teña o centro pechado, por iso desde o BNG reclamamos que ten que funcionar como merece”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.