Oleiros sinalizará os espazos forestais protexidos

Debido á proliferación de talas ilegais en diversas zonas do municipio, o Concello de Oleiros procederá a sinalizar sobre o terreo as zonas catalogadas polo Plan xeral como de especial protección forestal, nas que non está permitida a tala de especies arbóreas. Nestes montes só é posible realizar limpezas e saneamentos

“Algúns están talando en plan salvaxe e non imos tolerar ese tipo de actuacións. Os que incumpran terán que afrontarse a sancións moi elevadas. Imos publicar aquelas zonas que están protexidas, para que se saiba que nesas zonas non se poden talar árbores”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Para evitar sancións, os veciños e veciñas deben asegurarse de que os madeireiros aos que lles venden a madeira dispoñan da licenza municipal e actúen conforme á ordenanza. En moitos casos tamén se están a producir talas en montes privados sen ningún tipo de acordo previo coas persoas propietarias, que deben denunciar os feitos na Garda Civil e poñelo en coñecemento do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.