Os socialistas reclamarán mañá no Parlamento que se recoñeza o Camiño do Mar

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, intervirá mañá na comisión 6ª do Parlamento, para demandar unha maior implicación da Xunta na promoción e na proxección deste trazado

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, intervirá mañá mércores día 21 a partir das 10:30 da mañá, na comisión 6ª do Parlamento de Galicia para demandar ao Goberno de Feijóo que recoñeza a ruta xacobea Camiño do Mar, e que sexa incluída na promoción do Xacobeo.

Otero reclama unha maior implicación da Xunta na promoción e na proxección deste trazado. “Este novo recoñecemento, que discorre polas vilas lucenses de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo, contribuirá de xeito decisivo a impulsar o turismo nesta Comarca, que estivo tan afectada trala pandemia do COVID”, remarcou. Hai que lembrar que esta traxecto continua na provincia da Coruña, vía Mañón, Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño e Narón ata Neda.

A Deputada Autonómica lembrou que o Pleno da Deputación de Lugo tamén acordou por unanimidade de todos os grupos políticos, este recoñecemento. “O turismo é un dos motores fundamentais desta comarca, por iso é necesario traballar conxuntamente dende todas as administracións públicas, para acadar este recoñecemento”, remarcou.

Otero tamén puxo en valor “o traballo de divulgación que se impulsou dende o tecido asociativo da provincia lucense e tamén da Comarca, para recoñecer este trazado. Todos traballaron para seguir poñendo en valor a ruta do Mar, un exemplo deste compromiso é a Asociación Amigos do Camiño do Mar”.

A Deputada sinala ademais que esta petición “lévana solicitando dende fai anos, tódolos concellos da Mariña polas que transcorre este trazado. Por iso, todos debemos traballar nesa mesma dirección. Pero agora é máis urxente que nunca, por mor do espacial impacto da Covid-19 na Mariña, xa que precisamos unha recuperación económica de todos os sectores produtivos, especialmente do turismo”, resumiu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.