Peis d’hos abre escola en Moaña

A Asociación cultural Peis d’hos oferta clases de acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión

A asociación cultural Peis d’hos é unha entidade sen ánimo de lucro que se dedica á recompilación, recuperación, difusión e promoción do patrimonio inmaterial da cultura tradicional galega para a súa posterior difusión e posta en escena, especialmente da música, vestiario e baile tradicionais.

En consecuencia, todas as pezas interpretadas no eido da asociación, tanto polos distintos grupos como na escola, son froito do traballo de campo dos seus e das súas compoñentes, que se dedican dende hai tempo a recompilar todo este material etnográfico diverso nos eidos do baile, canto e músicas tradicionais, así como en vestimenta, costumes, etc. gracias ó seu traballo de campo levado a cabo en aldeas das catro provincias galegas dende hai anos. A partir deste material confórmase o repertorio dos grupos que forman parte da asociación: Trébede, Lina e Lola, As Mosas do Hío e O Viveiro de Peis d’hos. Peis d’hos iniciou neste curso 2020-2021 unha nova andaina en Moaña.

Esta asociación, con escola estable en Cangas dende o 2013, abre escola no concello moañés ofertando as actividades de acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión. As aulas levaranse a cabo seguindo os protocolos recomendados polo Ministerio de Sanidade do Goberno de España e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para a prevención da propagación do virus COVID-19.

Para máis información, visita a web www.peisdhos.com, nos perfís @peisdhos das redes sociais ou ben contactade directamente no tlf. 670706147.

Historial

Nestes anos de vida cómpre destacar o seu proxecto audiovisual “Irei a Darbo”, levado a cabo en 2016. É salientable tamén a súa participación no “Serán_01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional” levado a cabo na Cidade da Cultura no 2018, así como no “Festival Interceltique de Lorient”, na bretaña francesa, representando a Galicia no ano 2015; nas “Xornadas de Folclore de Santiago de Compostela” en xullo de 2012, na Praza da Quintana, dentro da programación das Festas do Apóstolo; en concursos de baile tradicional onde acadaron diversos premios así como en concursos de música tradicional nos que tamén conseguiron importantes galardóns; e en moitos outros escenarios ao longo da xeografía galega e da península ibérica.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.