Ramallo pide á poboación xuvenil de Marín a súa participación no cribado masivo das farmacias

Pode participar nas dez farmacias da vila a poboación de entre 12 e 17 anos

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, pronunciouse esta mañá sobre a subida de nivel ao nivel medio do noso Concello. “É un toque de atención. Estamos subindo lento pero continuado e por iso non podemos baixar a garda e temos que cumprir con todo o que nos van indicando as autoridades sanitarias”.

É importante destacar que as dez farmacias de Marín están a facer xa o cribado con test masivos de saliva dirixido ás persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos. “É unha franxa na que se detectan sobre todo asintomáticos, por iso pedimos que todos acudan realizala, porque é unha boa maneira de frear posibles contaxios en entornos familiares e nos centros educativos”.

A alcaldesa explicou que entre todas as farmacias da vila hai posibilidade de realizar cerca de 200 probas diariamente e lembra que no caso dos rapaces e rapazas de entre 12 e 15 anos deben ter consentimento dos pais ou titores legais. Unha vez se realiza a proba, pasan un par de días e a farmacia comunica o resultado á persoa que a realizou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.