Rematado o ensanche e mellora do Camiño Urzal–Civida de Arbo

As actuacións propostas consistiron na mellora e ampliación da pavimentación do Camiño de Urzal-Civida 2ª FASE na parroquia de Barcela

O Concello de Arbo adxudicaba a contratación das obras de Ensanche Mellora do camiño de Urzal – Civida 2ªFase” a través da plataforma de contratación do Concello de Arbo.

As obras, que daban comezo no últimos meses do ano 2020,  incluía no proxecto o ensanche e a mellora dun tramo do camiño existente no lugar de  Urzal na parroquia de Barcela e do que xa se executara meses anteriores a primeira fase.

O importe do contrato ascendeu á cantidade de 90.978,94 € (IVE do 21%  incluído que ascende a 15.789,73 €) e o Concello de Arbo contaba cunha subvención da Deputación provincial de Pontevedra.

Con este tipo de obras, o Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Unha das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos, realizándose nos últimos anos de goberno máis de 200 acondicionamentos, pavimentacións, ampliacións e melloras en estradas municipais.

Dada a amplía superficie do concello, e o gran numero de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren  completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.

“Coas actuacións realizadas pretendeuse mellorar o servizo que ofrece para os usuarios o camiño Urzal –Cividade , obxecto da obra, pois é un camiño utilizado, tanto por vehículos como por peóns, prevéndose a súa mellora e pavimentación, ao atoparse en mal estado, e así dar continuidade ao mellorado nunha primeira fase”– informa o rexedor do Concello Horacio Gil.

Seguindo a mesma liña de melloras en camiños de titularidade municipal, no ano  2021 o Concello ten previsto a última fase das melloras no Acceso ao barrio do Couto en Arbo, a Igrexa a Cequeliños, a humanización da Estrada da Estación de Arbo…. entre outras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.