Solicitan a Augas de Galicia maior atención para o río Mero

O grupo municipal Alternativa dos Veciños de Cambre demandou a Augas de Galicia o amaño para facer visibles e accesibles as marxes do río Mero no traxecto do paseo fluvial

“O paseo do Mero leva durante anos sen ter un mantemento como é apropiado. A finais do pasado ano asinouse un convenio para o mantemento do mesmo por parte do Concello de Cambre, e actualmente iniciase a ver algún resultado do mesmo, pero aínda queda moito que facer das promesas electorais feitas polo goberno municipal xa hai uns 6 anos” denuncia dende AVV.

“O abandono e descoido durante anos pola Administración Autonómica e local impide en moitos tramos tanto o acceso ao río como a súa visibilidade. E o actual convenio non contempla, inicialmente, a actuación nas marxes do río. É por isto que Alternativa de Cambre solicitou a Augas de Galicia a posta en valor desta área” aseguran.

“Veciños e veciñas levan anos queixándose de que hai zonas do paseo que discorre entre silveiras e maleza que non permiten nin ver o río. Faltan zonas recreativas e poñer en valor a riqueza medioambiental da zona”, afirma Raúl Varela, voceiro e concelleiro do grupo municipal en Cambre.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.