Solicitan ao Concello as previsións, comprobacións e informes sobre internet de alta velocidade no rural de Viveiro

O BNG de Viveiro reclama de novo ao concello e ao goberno galego a banda ancha nas zonas do rural

«É necesario e urxente e así, unha vez máis, o BNG demanda do goberno de Viveiro e do goberno galego unha solución definitiva desde as administracións públicas para dotar de conexión a internet de banda larga ás zonas do rural do noso concello para reducir a fenda dixital existente entre a nosa veciñanza por motivos de residencia, ofrecerlles así mellores servizos e dotala de ferramentas tecnolóxicas, que ademais vai contribuír a xerar oportunidades de novos negocios facendo máis competitivo o sector agrogandeiro e forestal do noso concello, atraendo á mocidade cara o seu asentamento no rural e facendo ao mesmo tempo fronte á grave problemática que ten o concello para xerar emprego local, por un lado, e polo outro, o problema de envellecemento e despoamento das nosas parroquias rurais».

«E por todo isto rogamos que o goberno municipal desenvolva e informe das seguintes actuacións»:

  • Previsións do Goberno local para xestionar coa Xunta de Galiza e/ou coas operadoras de internet a dotación do servizo de internet, que deberá ter carácter universal, nos núcleos que carecen de alta velocidade e, concretamente, nas 50 zonas brancas, e outros núcleos aillados sen clasificar,  que ficaron fóra das axudas á banda ancha ultrarrápida 2020 do goberno do estado, ao non haber ningún operador interesado.

 

  • Comprobación da relación definitiva das zonas do municipio de Viveiro, clasificadas pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, como brancas e grises de cobertura de redes de banda ancha de nova xeración (redes NGA), ao obxecto de identificar e clasificar correctamente todas as zonas de Viveiro sen cobertura de banda ancha para solicitar á Secretaría do Estado a actualización do mapa de zonas brancas, grises e negras de Viveiro, incorporando as modificacións de clasificación das zonas erroneamente clasificadas e non comunicadas durante a consulta pública do 2020 feita polo goberno do estado.

 

  • Informe con detalle sobre o Plan de despregue e calendario de actuacións en Viveiro do proxecto empresarial de Adamo Telecom Iberia, SA financiado con 5.853.870 euros do Programa de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración 2020 do Ministerio de Asuntos económicos e Transformación Dixital.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.