SOS SANIDADE PÚBLICA realizará concentracións en toda Galicia o mércores 21 de abril ás 8 da tarde. Na Coruña farase no Obelisco, nos Cantóns.

O lema é a Recuperación do Sistema Sanitario Público Galego. A situación de excepción na que vivimos fíxonos tolerantes e resignados con moitos atrasos e xestións inadecuadas na sanidade pública pero isto non pode continuar.
A concentración faise en demanda dun sistema sanitario público galego accesible e moi mellorado con respecto ao pasado.

Esiximos transparencia, accesibilidade, asistencia sanitaria con seguridade, presencial na medida do posible, e un sistema con investimentos no público e sen precariedade laboral.
Achegamos cartel da concentración na Coruña e un listado das localidades galegas onde se fará a concentración ao mesmo tempo.
Garantiranse as medidas de prevención, de distancia, que a situación esixe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.