Últimas entradas para a estrea de Silvia Penide no Teatro Colón

Será o primeiro concerto coa banda completa dende xaneiro de 2020. O espectáculo céntrase nos dous últimos disco «El efecto boomerang» e «Los días de plomo»

Este sábado 17 de abril será a primeira ocasión para escoitar en directo as novas cancións de Silvia Penide. «Los días de plomo» é o titulo do EP que lanzou con poemas e cancións moi especiais compostas durante o confinamento de 2020. Bailar en Irán, adicada ao baile e aos dereitos humanos, Chantilly, adicada a súa avoa Feli co título do seu postre favorito… E tamén está unha nova versión da canción que daba título ao anterior disco, co que estaba en xira cando as nosas vidas pararon en seco. En concreto, a versión na que se suma unha voz tan especial como a de Víctor Manuel. Curiosamente, fai 50 anos neste 2021 que Víctor coñeceu a Ana Belén a escasos metros do esceario do Teatro Colón.

As últimas entradas á venda están dispoñibles na web teatrocolon.es e, por suposto, cúmplense todas as medidas de seguridade precisas para que a xente poda acudir segura, cunha reducción do aforo marcada pola distancia de 1,5 metros entre persoas.

A cultura segue a ser necesaria, máis que nunca. E a música en directo sempre salvou almas, para comezar, as dos catro artistas que estarán no esceario: Carla López (teclado e voces), Bruno Couceiro, batería, Paul Álvarez na guitara e Silvia coa voz e, como lle gusta facer, falando co público e interpretando con alma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.