Un avanzando sistema informático controlará o aforo e o conteo de persoas en tempo real no Mercado de Abastos de Pontevedra

A socialista Yoya Blanco asegura que “esta ferramenta punteira achegará moita tranquilidade a traballadores e usuarios, axudando a previr aglomeracións e, polo tanto, contaxios”

O Mercado de Abastos de Pontevedra disporá en breve dun avanzado sistema informático de control de aforo e conteo de persoas con visualización en tempo real. A Concellería de Promoción Económica e Turismo destinou un orzamento de máis de 7.000 euros á contratación desta tecnoloxía, que será instalada nas principais portas de acceso á Praza municipal polo grupo especializado en seguridade corporativa Almas Industries.

O sistema contará cun PC dotado de software de xestión NVR (gravación de vídeo en rede), disco duro e monitores de aforo, proporcionando unha precisión do 95% e unha área de detección de ata dous metros. Segundo sinala a concelleira de Promoción Económica, a socialista Yoya Blanco, “esta ferramenta punteira achegará moita tranquilidade a traballadores e usuarios do Mercado, ofrecendo visualización en tempo real sobre a afluencia, permitindo informar aos clientes sobre se deben acceder ou agardar, axudando a previr aglomeracións e, polo tanto, freando a posible propagación do coronavirus”. Este novo sistema de control de aforos que se instalará no Mercado de Abastos non é un sistema de vídeo ao uso, polo que, respectando a Lei de Protección de Datos, non grava persoas, senón que permite discriminar formas e figuras para realizar o conteo.

“No actual contexto de pandemia, a concentración de persoas nos locais e instalacións supón unha importante problemática, en especial naquelas que teñen grandes fluxos de público, como o Mercado de Abastos, que nestes momentos ten un aforo máximo de 150 usuarios por planta”, subliña Yoya Blanco.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.