Unha lista de espera de 9 días para consultas médicas telefónicas no Concello de Baleira

A socialista Laura Burgué avanzou que defenderá unha moción no vindeiro pleno para que o Concello tome as medidas oportunas diante da Xunta de Galicia “para reforzar de xeito urxente a asistencia sanitaria no centro de saúde do Cádavo”

A Voceira Socialista de Baleira, Laura Burgué avanzou hoxe que defenderá unha moción no vindeiro pleno para que o Concello tome as medidas oportunas diante da Xunta de Galicia “para reforzar de xeito urxente a asistencia sanitaria no centro de saúde do Cádavo. Nós non seremos cómplices dos recortes sanitarios que está sufrindo a nosa vila. O Alcalde non pode darlle ás costas á veciñanza nun momento tan complicado, ten que tomar cartas no asunto xa”, insistiu.

Así o dixo a Voceira tras escoitar as queixas das veciñas e veciños que denuncian que nestes intres “existe unha lista de agarda para conseguir unha cita telefónica co médico de ata 9 días”. Sinala ademais que o “noso Concello ten unha incidencia do Covid-19 inferior a 1, e nos últimos 14 días non se diagnosticaron novos casos. Polo tanto non se xustifica que con estes datos, non se poida atender con tódalas garantías aos seus usuarios no centro de saúde”, dixo.

A Agrupación Socialista de Baleira cre que “a sanidade pública é fundamental, sobre todo nestes tempos da covid. Por iso é necesario fortalecer a atención primaria como así xa o establecen tódalas recomendacións. O noso Concello conta cunha poboación altamente envellecida, que precisa atencións e coidados neste tempo tan excepcional de pandemia. É inadmisible que unha veciña ou veciño de Baleira teña que esperar ata 9 dias para conseguir unha consulta telefónica co seu médico, nós non imos consentilo”, replicou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.