Unha nova sentenza volve confirmar que Fenosa ten que pagar 107.000 euros ao Concello de Oleiros por unha corta ilegal

 O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de confirmar novamente a sanción de 60.000 euros imposta polo Concello de Oleiros a Gas Natural Fenosa por cortar sen licenza as árbores dun parque público. Ademais tamén confirmou o pagamento de outros 16.000 euros en concepto de recargo e xuros. Ademais desta sanción, Gas Natural Fenosa terá que afrontar o pagamento de 31.000 euros máis polos danos causados e a madeira subtraída.

Os feitos denunciados polo Concello aconteceron en marzo de 2017. Malia non contar cos permisos pertinentes e facer caso omiso aos requirimentos municipais, a compañía eléctrica eliminou totalmente 28 árbores nunha área duns 2.000 metros cadrados, xunto ao cemiterio de Liáns.

“Alégrome moito porque se nos dea a razón nesta sentenza. Agardo que sirva de exemplo para aqueles concellos ou particulares que sofren os abusos de Fenosa, que moitas veces fan o que queren e hai que pararlles os pés”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.