Viveiro, á cola. Por Míriam Bermúdez

Fai oito meses que o BNG de Viveiro levou a pleno unha moción para facer de Viveiro un Concello Ciclable e amigo das bicis. A idea era crear ciclorrúas e vías ciclables compartidas con vehículos a motor naquelas zonas donde non é posible crear un carril bici, en definitiva seguir unha tendencia que xa a maioria dos Concellos veu, que é dar espazo ás bicis tentando que as nosas vilas sexan un pouco máis ecolóxicas, máis saudables e con menos colas, sexa nas horas punta dos colexios, ou á hora do xantar que mesmo chega a cola a Celeiro.

Cando se levou a pleno, o partido que goberna do PSOE, en concreto o seu concelleiro de deportes, Cesar Iglesias Docal, explicaba que en Viveiro non era posible rebaixar a velocidade no casco urbano de 50 kms/h a 30 kms/h para permitir circular conxuntamente bicicletas e vehículos a motor con argumentos tan vagos como que “o que se plantexa requeriría dun estudo técnico, que moitas destas cousas non son competencia do Concello, que a circulación conxunta coa creación de cicloruas xeraría mais prexuizos que beneficios…”, primando o argumento de que rebaixar a 30km/h se traduciría en colas.

Todo encamiñado a tumbar esta proposta do BNG, pero sen aportar nin unha soa alternativa ao gran problema que ten Viveiro coa circulación das bicicletas que neste último ano doblou o seu número,  seguimos na cola da creación de carrís bici dos concellos da Mariña sin ter un só metro.

Dende o BNG neste caso non estabamos propoñendo nada innovador, simplemente nos adiantábamos ao que se vía vir por parte de DXT que non era outra cousa que facer esa reducción de velocidade exista ou non carril ciclable compartido. Esta semana os xornais espertaban coa nova de que a Dirección Xeral de Tráfico obligará aos concellos a partires do 11 de Maio, a reducir de 50 a 30 e mesmo a 20 quilómetros por hora na maioría das vías por unha cousa ben fácil de entender, as mortes redúcense a un 10%.

Supoño que o Concello como ten por norma, seguirá facendo ouvidos xordos a todxs xs veciñxs que usan a diario a súa bicicleta, pero polo menos terá que adaptarse á nova normativa da DXT e que sin querelo, estaremos un pouco máis seguros neste Concello no que medra cada vez máis o sentimento de quedarnos á cola.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.