A Coruña festexa o Día das Letras Galegas e a Xela Arias

O Concello convida a veciñanza a achegarse á obra dunha das autoras máis innovadoras da poesía actual

O Concello da Coruña convida a cidadanía a gozar da festa das Letras Galegas e da obra de Xela Arias, cunha campaña coa que quere render homenaxe a unha das voces máis vangardistas da poesía galega actual con actividades que inclúen recitais, bombas de acción poética nos barrios ou mostras bibliográficas na rede de bibliotecas municipais “Desordénate coas letras” é o nome co que festexamos este 2021 o Día das Letras Galegas e a Xela Arias.

Deste xeito, a través de bombas de acción poética o elaborando collages físicos o virtuais, con videopoemas con textos, o Concello convida a cidadanía a transformar os versos da autora para, desordenando os termos, crear novos poemas experimentais a través dos cancelos: #DesordenateCoasLetras, #LetrasGalegas e #XelaArias2021.

A proposta da rede de bibliotecas ven acompañada dun Escape Room Virtual e dunha mostra bibliográfica sobre a homenaxeada, á que se suma unha escolma de libros de poesía galega en feminino e un recordo aos homenaxeados e homenaxeadas en anos anteriores. Ademais, mañá 18 de maio terá lugar o encontro virtual «Libro Vivinte» con Marga do Val, escritora, tradutora e amiga persoal de Xela Arias e o vinderiro 25 de maio terá lugar un Encontros transfronterizo Galicia-Portugal, unha xuntanza virtual de escritoras e escritores galegos e portugueses.

Pola súa banda, o Servizo de Normalización Lingüística organiza «Por Xela», un espectáculo en formato dixital de Revenidas S.C., con catro poetas mais o grupo musical A Banda da Loba, dentro do programa AgoraSón. Ademais, o vestíbulo do Ágora acolleu a semana pasada unha exposición de 12 paneis titulada «Aquela nena de Sarria», na que reflicte o seu vencello co rural e co noso idioma, e o empeño en que se recoñecese Xela como o seu nome real. Complétase a mostra con poemas de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou. Esta semana a exposición móstrarase na biblioteca do dito Centro Ágora.

A programación familiar virtual completarase con tres novos vídeos para o programa Apego, un debuxo guiado do ilustrador Leandro Lamas dirixido ao público infantil dentro do programa apego, os espectáculos «Armadanzas» e «Arre ru», así como cun video titorial realizado polo propio servizo sobre como facer un minilibro sobre a poeta e contando a historia de como a nena como a nena Xela chegou a poeta e, por último, un concurso a través do Facebook de Normalización sobre o Día das Letras Galegas #vivirasnosasletras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.