A Deputación da Coruña apoia cunha liña de axudas a actividade de 19 agrupacións e asociacións de Protección Civil

As subvencións permitirán financiar a adquisición de vestiario, equipamento técnico, bens necesarios para o desenvolvemento do seu traballo, posta en marcha de agrupacións ou accións formativas

A Deputación da Coruña dá apoio a 19 agrupacións e asociacións de Protección Civil da provincia no desenvolvemento das súas actividades a través dun investimento de 59.149,95 euros.

A resolución provisional das axudas publícase hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP). As subvencións permitirán financiar a adquisición de vestiario, equipamento técnico, outros bens necesarios para o desenvolvemento das actividades, a posta en marcha de agrupacións ou accións formativas, entre outras.

As contías da axudas oscilan entre un mínimos de 1.587euros e un máximo de 5.400 euros e beneficiarán aos equipos de Protección Civil dos concellos de Cerceda, Curtis, Boiro, A Laracha, Malpica, Abegondo, Ares, Vimianzo, Betanzos, Cambre, Carnota, Coristanco, Muros, Muxía, Oroso e Negreira e a asociacións de agrupacións.

O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García, destacou a importancia destas axudas “para manter unhas agrupacións que fan un traballo esencial nos municipios da nosa provincia, un labor que durante este ano de pandemia, ademais de moi necesario foi impecable”, destacou.

Listaxe de entidades beneficiarias destas axudas:

Beneficiarios Importe subvención
Beneficiario: AGRUPACION DE PROTECCION CIVIL DE CERCEDA
Obxecto: MATERIAL FUNXIBLE PARA REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE
2.759,87 €
Beneficiario: AGRUPACION DE VOLUNTARIOS DE PROTECCION CIVIL DE CURTIS
Obxecto: COMPRA DE BENS: Equipacións protección civil
2.856,00 €
Beneficiario: AGRUPACION MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCION CIVIL DO CONCELLO DE BOIRO
Obxecto: COMPRA VESTIARIO E MATERIAL NON INVENTARIABLE
5.399,26 €
Beneficiario: AGRUPACION MUNICIPAL VOLUNTARIOS P.CIVIL-LARACHA
Obxecto: ACTIVIDADES 2021 DA AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DO CONCELLO DA LARACHA
2.268,79 €
Beneficiario: AGRUPACION MUNICIPAL VOLUNTARIOS P.CIVIL-MALPICA
Obxecto: POSTA EN FUNCIONAMENTO DA AGRUPACION DE VOLUNTARIOS DE PROTECCION CIVIL DE MALPICA
4.320,00 €
Beneficiario: AGRUPACION MUNICIPAL VOLUNTARIOS P.CIVIL-XALLAS
Obxecto: Vestiario para voluntarios de Protección Civil
2.200,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL DE ABEGONDO
Obxecto: ACTIVIDADES AVPC DE ABEGONDO EN 2021
1.587,32 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL DE ARES
Obxecto: ACTIVIDADES 2021
1.848,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL DE VIMIANZO
Obxecto: COMPRAS E SUBMINISTRACIÓNS AVPC VIMIANZO
2.240,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-BETANZOS
Obxecto: Compra de Vestuario para los voluntarios
2.411,25 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-CAMBRE
Obxecto: Compras de bens destinados á actividade.
3.360,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-CARNOTA
Obxecto: COMPRA DE DIVERSO MATERIAL FUNXIBLE AVPC CANCELLO DE CARNOTA 2021
1.800,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-CORISTANCO
Obxecto: ACTIVIDAD PROTECCIÓN CIVIL
1.820,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-MUROS
Obxecto: Equipamento de rescate técnico para a A.V.P.C. de Muros
3.600,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-MUXIA
Obxecto: ACTIVIDADES 2021
5.236,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-OROSO
Obxecto: Retribucións e seguridade social persoal agrupación
5.400,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS PROTECCION CIVIL NEGREIRA
Obxecto: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDO A AGRUPACIÓNS, ASOCIACIÓNS E ASOCIACIÓNS DE AGRUPACIÓNS DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DA PROVINCIA DE A CORUÑA, DE CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES PARA ACTIVIDADES 2021
1.643,46 €
Beneficiario: ASOCIACION DE AGRUPACIONES DE VOLUNTARIOS DE PROTECCION CIVIL
Obxecto: ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA VOLUNTARIOS DE PROTECCION CIVIL EN MATERIA DE PREVENCION E EMERXENCIAS
4.200,00 €
Beneficiario: ASOCIACION PROV.AGRUPACIONS E ASOCIACIONS VOLUNTARIOS PROTECCION CIVIL A CORUÑA
Obxecto: RETRIBUCIONS E SEGURIDADE SOCIAL PERSOAL
4.200,00 €

Total concedido: 59.149,95 €

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.