A Deputación da Coruña estrea unha nova canle de comunicación vía Whatsapp

Para recibir todas as novas da Deputación de interese provincial e a relacionada co seu municipio os cidadáns deben enviar a palabra ALTA máis o concello do que desexen recibir a información ao número 690 115 189

A Deputación da Coruña habilita desde hoxe unha nova canle de comunicación vía Whatsapp. Así, a cidadanía disporá dunha nova vía que lles permitirá estar informados da información da administración provincial a través do seu móbil e de xeito instantáneo.

Os interesados ou interesadas en recibir nos seus smartphone as novas da Deputación de interese provincial e a relacionada co seu municipio deben enviar a palabra ALTA máis o nome do concello do que desexen recibir a información ao número 690 115 189 (exemplo: ALTA BERGONDO) e, a partir dese momento, comezarán a recibir as novas.

Para anular o servizo basta con enviar BAIXA ao mesmo número.

A través deste servizo a Deputación comunicará tanto información de servizo, como diferentes novas da xestión provincial que afecten aos diferentes municipios e tamén datas de eventos deportivos, culturais, etc.

A suscripción ao servizo pode efectuarse tamén a través da web.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.