A falta de saneamiento nas regueiras de Malloado, río Seco e Zapardie invaden a Monforte de ratas.

O Partido Popular de Monforte alerta de que a falta de limpeza dos regatos urbanos por parte do Concello provoca “xa un problema de salubridade importante  e incluso é a consecuencia de que a proliferación de ratas vaia en aumento”. Por este motivo, e alertados polos veciños, a voceira popular, Katy Varela, adianta que presentarán unha iniciativa no pleno deste mes, co fin de que o goberno local inicie os trámites correspondentes para sanear estas regueiras. Trátase, fundamentalmente, das coñecidas como Malloado, río Seco e Zapardiel.

Os populares monfortinos xa se dirixiron en distintas ocasións ao alcalde socialista por este motivo. A finais de 2020 pediron tamén en pleno a roza e saneamento das mesmas. O obxectivo, di a voceira  popular, “era chegar ao verán con estes afluentes en boas condicións e evitar esta imaxe deplorable e insana para os habitantes que viven nas proximidades destes regatos. Á vista queda de que non só non se fixo nada, senón que o desentendemento é manifesto e notable”.

“Non so é limpar o principal río que temos, o Cabe. E tamén desbrozar e manter saneados o resto de regueiras que atravesan o núcleo urbano; algo que ao goberno local parece que se lle esquece”

O goberno local “será co-responsable”

O Grupo Municipal do PP agarda, deste xeito, que os dirixentes locais “tomen nota desta cuestión, xa que non é unha petición só dos populares, é unha queixa reiterada dos monfortinos e monfortinas”. Por este motivo, dirixiranse, novamente, ao goberno municipal. “Esperamos que se actúe en consecuencia, xa que, do contrario, o alcalde e o seu equipo serán co-responsables dos problemas que poidan ocasionarse se a maleza continúa medrando nestes regatos”, advirte.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.