A Marea Cidadá de Noia rexeita a posta en marcha do cobro polo uso das autovías

A Marea Cidadá de Noia non entende que se volva a obrigar ás poboacións con menos recursos e menos servizos a pagar o mantemento das infraestruturas públicas.
Dende o grupo municipal da Marea queren amosar o seu rexeitamento ante a intención de
cobrar polo uso das autovías, rexeitamento que, afirmán, farán chegar a diferent instancias da Administración Pública co obxectivo de exercer a maior presión posible.
Na Marea son conscientes da necesidade de financiar o mantemento das infraestruturas,
pero entenden que a carga fiscal non pode caer precisamente sobre a poboación con
menos recursos e menos servizos. No caso de Noia, por exemplo, o coche é de uso
obrigado en moitas circunstancias para trasladarse por motivos de saúde ou laborais a
poboacións como Ribeira e Santiago, debido á falta de uns servizos de transporte
públicos de calidade.
Dende o grupo noiés afirman que este tipo de medidas só servirán para dificultar aínda
máis a vida nas poboacións medianas e pequenas, empobrecendoas aínda máis e
contribuíndo a expulsar a cada vez máis poboación cara as cidades.
Na Marea entenden que é necesaria unha aposta firme e seria pola mellora dos servizos
de transporte público, a mellora das conexións e a accesibilidade a vehículos con menor
impacto ecolóxico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.