A prestixiosa revista Advanced Functional Materials publica un artigo do investigador Ramón e Cajal na Universidade da Coruña, Jaime Martín

A prestixiosa revista Advanced Functional Materials vén de publicar un artigo do investigador Ramón e Cajal na Universidade da Coruña, Jaime Martín, no que desentraña o complexo comportamento estrutural dunha das familias de materiais máis relevantes no campo das células solares orgánicas

Tal e como explica o investigador do Grupo de Polímeros do Campus de Ferrol e profesor na Escola Universitaria Politécnica, ata hai poucos anos, as células orgánicas máis eficientes estaban compostas por fullerenos, uns materiais estruturalmente amorfos. Sen embargo, hai relativamente pouco tempo, atopáronse unha serie de novas moléculas que permiten fabricar células solares moito máis eficientes. Estes novos compostos denomínase aceptores non-fullereno (ANF) e, ao contrario que os seus predecesores, non son estruturalmente amorfos senón que poden cristalizar durante a fabricación das celas solares. Isto provoca, segundo Jaime Martín, que moitas desas novas células solares teñan na súa estrutura pequenos cristais de ANF. Deste xeito, ao longo do artigo, analízanse en profundidade estes cristais e as súas propiedades optoelectrónicas.

No artigo “Polymorphism in Non-Fullerene Acceptors Base don Indacenodithienothiophene” participaron investigadores da Universidade do País Vasco (UPV/EHU), do KAUST Solar Center de Arabia Saudí, do Instituto Italiano de Tecnoloxía, da NCD-SWEET Beamline, do Georgia Institute of Technology (USA), do Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona (ICMAB-CSIC), do Centro de Física de Materiais de San Sebastián e mais da Universidade Tecnolóxica de Chalmers de Suíza.

Esta non é a primeira vez que a familia de revistas Advanced Materials publica un artigo de Jaime Martín. En novembro de 2020, a prestixiosa revista de ciencia dos materiais, Advanced Materials, publicaba un texto no que o investigador Ramón e Cajal na Universidade da Coruña presentaba unha metodoloxía experimental que permitía cuantificar a composición de células solares orgánicas. Por aquel entón, Jaime Martín contou coa colaboración de investigadores da Universidade do País Vasco (UPV/EHU), do Georgia Institute of Technology (USA), da University of California Santa Bárbara (USA), do Imperial College London (Reido Unido), do Centro de Física de Materiais (CSIC) e mais do Sincrotón ALBA.

Foto portada: Jaime Martín, investigador Ramón e Cajal na Universidade da Coruña, diante do Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) do Campus de Ferrol.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.