A Universidade de Vigo súmase ao plan da Cidade das TIC que proxecta a Universidade da Coruña

Ambos os dous reitores, Julio Abalde e Manuel Reigosa, asinaron un convenio de colaboración para a uso dos recursos e servizos do futuro campus de Pedralonga

O reitor, Julio Abalde, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, asinaron un convenio de colaboración que permitirá que os docentes e investigadores vigueses poidan utilizar os servizos e recursos da Cidade das TIC que está en marcha nas instalacións da antiga Fábrica de Armas da Coruña e que formará o futuro campus de Pedralonga.

A Universidade de Vigo súmase así aos apoios institucionais aglutinados arredor deste proxecto de creación dun polo TIC e de innovación dixital, cun alto compoñente de Intelixencia Artificial, de referencia a nivel estatal e internacional, que actuará como demostrador de tecnoloxías emerxentes, de apoio ao tecido empresarial que facilitará a creación e instalación de empresas do sector contribuíndo ao crecemento e dinamización económica galega.

Abalde concretou os aspectos deste acordo que permitirá “afianzar a colaboración académica e científica existente xa entre os grupos de investigación da Facultade de Informática e do Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC), por parte da UDC, e da Escola Superior de Enxeñaría Informática e o Centro AtlanTIC, pola UVigo, nun desenvolvemento conxunto de servizos e infraestruturas da Cidade das TIC”. Deste xeito, no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC haberá información estable e permanente dos proxectos de investigación de ambas as dúas universidades. Tamén as empresas spin off viguesas poderán acceder aos recursos tecnolóxicos do campus de Pedralonga, mentres que as empresas asentadas na Cidade das TIC terán facilidades para achegarse aos Traballos de Fin de Grao e Fin de Máster, así como poderán ofrecer de forma máis doada prácticas ao alumnado de ambas as dúas universidades.

Manuel Reigosa valorou este acordo como “moi satisfactorio para as dúas universidades e para toda a sociedade galega” a través das empresas coas que se colaborará. “O sistema universitario galego é pequeno en comparación con outros pero xuntando capacidades somos máis fortes e poderemos competir mellor”, engadiu para finalizar con que n.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.