A Xunta organiza en Chantada un curso sobre manexo de desfibriladores para persoal voluntario de Protección Civil

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a actividade está prevista para o 12 de xuño e o prazo de inscrición abre hoxe

A Xunta organiza para o vindeiro 12 de xuño en Chantada un curso presencial sobre desfibrilación externa semiautomática (DESA) dirixido a persoal das agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC).

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, explicou que a convocatoria vén de ser publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e as persoas interesadas poden inscribirse desde hoxe -26 de maio- ata o 2 de xuño. Para participar, os voluntarios teñen que ter superado o curso básico de Protección Civil.

A actividade terá unha duración de cinco horas -de nove da mañá a dúas da tarde- e os asistentes recibirán formación sobre o manexo de desfibriladores externos, co obxecto de lograr incrementar as taxas de supervivencia dos pacientes con morte súbita, ao acadar un acceso áxil a un sistema de emerxencias médicas; así como acortar os tiempos para realizar reanimación cardiopulmonar e desfibrilación precoz.

A inscrición é gratuíta e debe facerse de forma telemática na páxina web da Axencia Galega de Seguridade Pública (Agasp), onde pode consultarse o contido de todas as actividades organizadas por este organismo. O curso forma parte do programa de formación continua que a Xunta pon a disposición do persoal voluntario de Protección Civil.

Un comentario

  • Jose luis

    Hola chamome Jose Luis estoy entesado en el curso de protection civil me quiero anotarse estuve hace añs de voluntario rn el con cello much as gracias saludod

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.