Adega organiza este domingo a inspección de ríos de primavera

O vindeiro domingo 16 a delegación de Lugo de ADEGA organiza unha nova saída do Proxecto Ríos, para facer o estudo da calidade ecolóxica do Rego do Segade

A inspección consiste na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados polo Proxecto Ríos. Cos datos obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos.

A actividade é de balde e está dirixida a toda a veciñanza de Lugo.

Dada a situación que estamos a vivir, é preciso o uso de máscara durante a actividade, e as prazas limítanse a 12 persoas. polo que é preciso reservar praza chamando ao número 982240299 ou ben escribindo a adegalugo@adega.gal antes do venres 14 ás 14h.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.