Adega organiza un roteiro para este domingo á Punta Corneira na comarca do Ribeiro

Este domingo 23 de maio temos unha nova saída dos roteiros organizados pola delegación de Lugo de ADEGA, camiñaremos dende a Pena Corneira, e coñeceremos o bosque de Ridimoas, en custodia pola asociación que leva o mesmo nome

Faremos un percorrido duns 12 Km, con dificultade Media-Baixa. O espazo Serra Corneira está situado nunha zona de transición entre as serras da Dorsal Galega (Faro de Avión e Suído) e o val do Miño. A serra esténdese con dirección NE-SO ao longo de 18 km e está rodeada por varios afluentes do río Avia. Está formada por unha serie de cumes graníticos moi erosionados nos que destacan as formacións de grandes bolos e penedos. A altura máxima é A Xateira (848 m) e o punto máis destacado a Pena Corneira.

Miles de lendas asócianse a este grande penedo con forma de falo que culmina as montañas de Beade. É o primeiro a ser declarado Monumento Natural em Galiza, por súa peculiaridade e excepcionalidade. Desde o seu cume poderemos apreciar as nascentes do Avia e o val de Ribadavia.

Descendo até As Regadas ali encontraremos a Pablo Oitabem quem fundou o bosque de Ridimoas. Un exemplo excepcional precursor de custodia do territorio. Guiaranos a través do bosque até a Igreja de Beade, formosa mostra de arte románica. Comeremos onde nos coincida a hora do xantar. Se o tempo o permite acabaremos o roteiro nas termas de Prexegueiro que están moi perto de Beade.

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 14:00 do venres anterior ao roteiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.

A saída do autobús terá lugar ás 8.00 horas da mañá. Este ano, para evitar a aglomeración de persoas, haberá dúas posibles saídas, dende o Edificio de Sindicatos na Ronda da Muralla, 58, ou fronte á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro.

Os roteiros serán de xornada completa. Recoméndase ás participantes levar roupa e calzado axeitados e viandas para o camiño.

Toda a información en https://roteirosadegalugo.wordpress.com/, chamando ao teléfono 982 240299, ou escribindo a adegalugo@adega.gal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.