Artes para a inclusión social. Dende Galicia para o Mundo

Alejandra Plaza Rodriguez. Unha vintena de persoas de moi diversas procedencias e realidades económicas, sociais e culturais levarán a diferentes puntos da nosa xeografía un espectáculo teatral creado aquí en Galicia e que chegará ao corazón de Europa nos meses vindeiros da man do proxecto JAMM-IN. Proxecto que traballa a inclusión social mediante as artes e que está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea.

A xira inclusiva comezará o martes 25 na Casa da Cultura do Milladoiro, onde mozos e mozas participantes no proxecto dende novembro de 2020 presentarán ese día unha obra audiovisual elaborada pola rapazada no seo do proxecto que ten como titulo “O Milladoiro, Terra da Fraternidade”.

Nos días seguintes visitará as bisbarras das Mariñas (con paradas en Betanzos, Bergondo e O Temple, Cambre), a Costa da Morte (centros educativos de Cee) e a Galicia interior (comarcas do Ulla e Deza, Vedra e Lalín). Serán 12 representacións que incluirán coloquios entre as artistas e o público xuvenil a modo de encontro intercultural con persoas diversas, que axude a botar por terra estereotipos e convide a desenvolver narrativas de esperanza.

Esta peza é froito do laboratorio teatral que dende o 20 de maio está a ter lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Concello de Bergondo) no que participan persoas moi diversas tocante súa singularidade persoal, procedencia cultural, situación social e historias de vida… mais todas elas persoas ao fin e ao cabo, persoas sensibles e sensibilizadas coa dignidade de todos os seres humanos.

A xeira rematará o sábado 29 nunha sesión jamm aberta a todas as artes e artistas que comezará ás 17h no centro cultural A Senra no Concello de Bergondo.

O encontro que en Galicia está acontecer da man do proxecto JAMMIN é unha das primeiras accións internacionais deste tipo que se realizan en todo o continente europeo dende a declaración da pandemia sanitaria. Con medidas de seguridade e sentidiño, mediante as artes queremos dar voz aos sen voz e dar renda solta á expresión da tan necesaria emocionalidade humana.

Máis info sobre o proxecto en www.jamminproject.eu ou esta semana nos teatros e auditorios.

DÍAS localidade espazo hora público
20-24 Gandarío,/Bergondo A.X. Gandarío    
24 Bergondo A Senra 18:00 Sen público
25 O Milladoiro Casa da Cultura 9:50/11:50/16:00 IES O Milladoiro
26 Betanzos IES As Mariñas 11:15 IES As Mariñas
  Bergondo A Senra 13:30 CPI Cruz do Sar
  O Temple, Cambre CSC O/Graxal 17:00 Aberto
27 Cee Casa da Cultura 11:00 / 13:001 CPR Manuela Rial
28 Vedra Casa da Cultura 11:002 CPI Plurilíngüe de Vedra
  Lalín Espazo xove 18:00 Aberto
29 Bergondo A Senra 17:00 Aberto

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.