As fregonas amarelas volven tomar as rúas da provincia da Coruña

O sector da limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña, chamado a dúas xornadas de folga os días 11 e 12 de maio, volveu hoxe ás rúas para esixir un convenio digno.

Como novidade respecto aos paros do pasado 22 de abril, desta vez tamén están chamdas á folga as traballadora e traballadores que prestan servizo de limpeza en diferentes institucións públicas, concretamente a Xunta de Galicia, o Parlamento, o Valedor do Pobo e a Universidade de Santiago de Compostela. Isto supón incluír nos paros entre 350 e 400 traballadores e traballadoras máis, que se suman aos case dez mil que xa estaban chamados á folga.

Manifestacion en Santiago

A extensión da folga débese a que nestes centros de traballo, malia contaren con pactos de equiparación, o persoal veríase prexudicado por artigos que pretende recortar a patronal provincial. De feito, se non se achegan posturas, haberá novas convocatorias de folga que, neste caso, incluirán tamén o persoal de limpeza dos hospitais das áreas sanitarias da Coruña, Ferrol e Santiago-Barbanza.

A Coruña

Nas primeiras horas de folga, as fregonas amarelas tomaron as rúas da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela e fixeron visibles as súas reivindicacións fronte ás sedes patronais e dos principais centros comerciais.

Mañá mércores, no segundo día de folga, CCOO, UGT e CIG convocan unha manifestación para o persoal de toda a provincia. A marcha partirá ás 11 horas da rotonda da Galuresa, en Romero Donallo, e rematará diante da sede da Xunta de Galicia, en San Caetano, «porque o Goberno galego ten moito que dicir neste conflito», sinalan os sindicatos.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.