As praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera, Espiñeiro e Naval terán bandeira azul este verán

Oleiros segue a ter areais dotados de numerosos servizos de calidade. Por iso, as praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Naval, Mera e Espiñeiro recibiron un ano máis a Bandeira Azul para este verán

O Concello de Oleiros realiza un traballo moi serio e rigoroso neste ámbito. Todas as praias do municipio están dotadas de múltiples servizos. Ademais, Oleiros destaca pola calidade das augas e a conservación e ordenación dos contornos das praias e de todo o litoral. Tamén existe unha ordenanza, pioneira en Galicia, que contempla unha normativa que garante a convivencia e a seguridade dos bañistas.

Ademais das praias, a Costa Libre de Oleiros tamén recibiu o recoñecemento de sendeiro azul europeo. Practicamente toda o litoral do municipio é público e transitable.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.