Continúan os traballos para mellorar o Cemiterio Municipal de Lugo

A edil de Participación, Cristina López, explicou que “estamos a renovar o asfalto dos viais interiores da parte antiga, que se atopaba nun avanzado estado de deterioro”

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, Cristina López, informou das melloras que se están a realizar nas instalacións do Cemiterio Municipal de San Froilán. “Estamos a traballar na renovación do asfalto dos viais da parte antiga, que se atopa nun avanzado estado de deterioro”, explicou Cristina López.

A solución adoptada consiste na rexeneración e reforzo do firme asfáltico e unha nova pavimentación con formigón impreso dunha parte dos viais interiores, ademais da mellora do sistema de recollida de augas pluviais e unha nova canalización de electricidade. Esta solución permitirá, segundo explicou a edil de Participación, “mellorar a zona antiga do cemiterio, dando ao asfalto unha estética acorde ao resto da instalación”. Os traballos comezaron nos pasados días e teñen unha duración estimada dun mes.

O actual Cemiterio Municipal de San Froilán substituíu hai 72 anos ás antigas instalacións de Magoi. Cristina López destacou “a versatilidade do deseño de Eloi Maquieira para realizar actividades como as visitas nocturnas ou as distintas actividades culturais organizadas durante todo o ano, que fixeron que o cemiterio de Lugo fose incluído na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos e gañase o recoñecemento de National Geographic como un dos cemiterios máis bonitos do mundo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.