En xogo os dereitos de 900 nenos e nenas que están sós en Ceuta

Nas últimas horas España viviu unha crise humanitaria sen precedentes na Cidade Autónoma de Ceuta. Estímase que entraron por Ceuta nas últimas horas 1.500 nenos e nenas: 900 son nenos/as que están sós

Como Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia puxémonos en contacto co Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, para trasladarlle a importancia dunha solución colectiva e solidaria xa que se trata de buscar solucións e garantir o cumprimento de todos os dereitos de cada neno, nena e adolescente. Neste senso, comprácenos a manifestación de intención da Dirección Xeral de colaborar na acollida de menores estranxeiros non acompañados chegados nas últimas horas á Cidade Autónoma”. declaran dende Infancia Galicia.

“Desde a Plataforma de Infancia estatal á que pertencemos, está a coordinarse co Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 toda a colaboración posible por parte de todas as organizacións de intervención directa ante un escenario como o actual”.

A este respecto, o Consello Territorial acordou liberar as 187 prazas de nenos e nenas tutelados pola Cidade Autónoma nunha repartición proporcional entre as CCAA.

Desde a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia solicitan que se cumpra a manifestación realizada desde a Dirección Xeral, “asumindo solidariamente esta responsabilidade que como sociedade temos cos dereitos da infancia, facendo todo o posible para colaborar e cooperar con esta situación excepcional polo benestar dos  nenos e nenas con  maiores dificultades”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.