Gómez Reino: “Urxe deter a violencia e facer cumprir o dereito internacional en Palestina”

“Urxe actuar, deter a violencia e facer cumprir o dereito internacional en Palestina”. Con esta rotundidade se manifestaba hoxe o deputado de Unidas Podemos e vicepresidente da comisión de Asuntos Exteriore, Antón Gómez Reino, ante a escalada de violencia e belicidade en Oriente Medio que nos fai retroceder ao 2014

Nos últimos días os bombardeos israelís en Gaza provocaron a morte de 115 palestinos, dos que 27 eran meniños e 11 mulleres, segundo o ministerio de sanidade de Palestina. A cifra de persoas feridas xa supera o medio millar. Os proxectís lanzados desde a Franxa provocaron a morte de cinco israelís.

Estas mortes, denuncia o grupo confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem- Galicia en Común– prodúcense tras semanas nas que a tensión e a violencia non deixaron de escalar con preto de 300 feridos na chaira de mesquitas da cidade vella de Xerusalén tras as cargas israelís, mesmo dentro dos lugares santos que sufriron desfeitas.

Ademais, houbo numerosos feridos e detidos durante as protestas pacíficas contra os desaloxos forzados do barrio jerosolimitano de Sheik Jarrah, outro paso máis na colonización israelí. Tamén hai que destacar o incremento do extremismo contra a poboación palestina con declaracións por parte dun integrante do Concello de Xerusalén desexando a morte dun activista de Palestina, e unha manifestación que percorreu a cidade baixo o berro de «morte aos árabes», que culminou onte co linchamento dun palestino na cidade de Lod.

A iso engádese que Israel impediu a celebración das eleccións en Xerusalén, o que provocou a súa suspensión e o apartheid sanitario entre a poboación israelí vacinada e as sucesivas ondas en Palestina. Tamén sucede sobre as causas estruturais de décadas de crecemento das colonias israelís a ocupación en Cisxordania, o bloqueo colectivo -figura estritamente prohibida polo dereito internacional- a Gaza, apropiación de terras e auga, estradas separadas, concesión e denegación de permisos, detencións arbitrarias, aumento da violencia dos colonos…

Unha situación de apartheid, -como acaba de definir Human Rights Watch-, é a segregación de dereitos desiguais, violacións de dereitos humanos e falta de liberdade de movemento, sumándose aos anos de denuncias da sociedade civil palestina e tamén de grupos pacifistas israelís.

Por todo isto, desde Unidas Podemos – En Comú Podem – Galicia En Común sinala Gómez Reino, manifestan que:

  1. Condenamos rotundamente a violencia e esiximos a Israel o cesamento dos ataques directos sobre a poboación civil palestina.
  2. Instamos o Goberno de España e a UE para esixir o cesamento inmediato dos ataques.
  3. Demandamos a Nacións Unidas, a UE e España a implementación do conxunto de resolucións internacionais das últimas décadas que piden acabar coa ocupación, o bloqueo, o apartheid, a colonización, a venda de produtos das colonias e o uso de armamento violando os DDHH.
  4. Esiximos a protección das defensoras de DDHH, traballadoras e traballadores humanitarios e organizacións palestinas acosadas a diario, entre as que se atopa a nosa cidadá española Juana Ruiz, encarcerada sen cargos nin xuízo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.