Jorquera pregunta sobre “o mal estado en que se achan servizos e instalacións da praia de Oza”

“As duchas non están en funcionamento, ao contrario do que acontece noutras praias da cidade”, denuncia Jorquera

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, dirixiulle unha pregunta por escrito ao Goberno Local para saber se é coñecedor do mal estado en que se achan distintos servizos e instalacións na contorna da praia de Oza.

“O servizo de duchas non está en funcionamento, ao contrario do que acontece noutras praias da cidade, cando é demandado quer polos bañistas quer por moitas persoas que practican deporte ao ar libre”, denuncia Jorquera, quen inquire o executivo coruñés se vai dar restablecido este servizo e en que prazos.

Na exposición de motivos desta iniciativa, Jorquera recolle as queixas formuladas a este respecto pola Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros, moi preocupada pola falta de atención que está a recibir a praia de Oza por parte do Goberno Local.

Alén da petición de reposición do servizo de duchas, apunta Jorquera que as veciñas e os veciños piden tamén “dotar a área de zonas de calistenia e ‘street workout’, incrementando os servizos existentes e arranxando ou substituíndo os distintos elementos rotos ou en avanzado estado de deterioración”.

Interésase, por tanto, o voceiro nacionalista por se o executivo coruñés vai atender ou non esta demanda veciñal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.