«Mulleres que viven soas», con Paula Carballeira, este sábado na Casa-Museo Manuel María

Un espectáculo de narración oral para público adulto que a propia Paula presenta da seguinte maneira:
«As mulleres que viven soas son sospeitosas. Sospeitosas de amargura, de escuridade, de intencións ocultas. As mulleres que viven soas son bruxas. E, xa se sabe, as bruxas, coa súa falta de pudor e de límites, coa súa teima de liberdade e de coñecemento, asustan. Nesta sesión de contos, as mulleres que viven soas son as protagonistas. Como na vida, provocarán tenrura, repulsión, admiración ou medo. Son a memoria dalgúns dos nosos temores e das nosas esperanzas».
Para poder presenciar esta actividade é imprescindíbel facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. Billete: 5 euros.