O artista Manuel DeAndrade compón unha peza adicada a Xela Arias

O coñecido xurado televisivo súmase ás iniciativas de homenaxe á escritora lucense polo Día das Letras Galegas

O compositor e produtor musical Manuel DeAndrade únese aos actos de homenaxe e recoñecemento á escritora Xela Arias, a quen neste 2021 se lle adica o Día das Letras Galegas. Así, baixo o nome “A neniña Xela”, DeAndrade presenta ao público un tema no que a súa letra nos achega á infancia e á parte máis humana da escritora. “Investigando sobre Xela Arias descubrín un relato cargado de sentimento e reivindicación que o seu pai lle escribiu nun especial das festas de San Xoán en Sarria, cando ela tan só tiña 7 anos. Titulabao `Xeliña fala galego’ e contaba como a cativa fora reprendida por unha tendeira por falar galego”, comenta DeAndrade.

Moitos dos poemas de Xela Arias xa están musicados e, con esta peza baseada nun feito real “quería aportar o meu gran de area para dar a coñecer á autora máis alá dos seus poemas. É unha homenaxe a e para ela. En especial para a nena que un día foi Xela Arias e que dende sempre defendeu o seu idioma”.

O tema contará tamén cunha voz femenina, a da cantante da orquestra Panorama Irene Iglesias, e a súa estrea oficial terá lugar nos contidos musicais do programa Luar do venres día 14 no que as nosas letras terán un protagonismo oficial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.