O centro Europe Direct da Deputación mantese 5 anos máis como referente de información oficial da UE na provincia da Coruña

A inauguración do novo período de traballo do centro, que irá ata 2025, terá lugar o vindeiro 9 de maio, Día de Europa. O evento incluirá a colocación dunha placa informativa na fachada do edificio provincial, unha performance artística e a inauguración dunha exposición itinerante sobre o Pacto Verde Europeo

O centro Europe Direct da Deputación da Coruña manterase como referente oficial de información da Comisión Europea na provincia da Coruña durante os vindeiros cinco anos. A institución europea vén de confirmar a continuidade do centro, pertencente á Deputación da Coruña, ata o ano 2025. Europe Direct A Coruña iniciou no ano 1996 a súa traxectoria para achegar Europa, as súas institucións, o seu traballo e as oportunidades europeas a cidadanía, concellos e entidades da provincia.

A misión do centro Europe Direct é traballar coa cidadanía, os medios de comunicación e as entidades locais cos obxectivos de implicar á poboación en temas europeos, especialmente a través da Conferencia sobre o Futuro de Europa, proporcionar contidos sobre as políticas e as prioridades da UE, axudar á Comisión Europea a adquirir unha visión xeral da sensibilidades locais relacionadas coas súas políticas e promover a cidadanía europea activa nas escolas.

O acto de inauguración do novo período do centro terá lugar o vindeiro 9 de maio ás 12 horas, coincidindo coa celebración do Día de Europa. A xornada comezará coa instalación dunha placa informativa na fachada do Pazo Provincial remitida pola Comisión Europea. Un acto ao que asistirán o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o eurodiputado Nicolás González Casares, entre outras autoridades e persoas convidadas.

A celebración continuará cunha performance artística demalabares, acrobacias e  equilibrios inspirada nunha das políticas estratéxicas da Unión Europea e que servirá de introdución para a inauguración da exposición itinerante Pacto Verde Europeo. Unha mostra que achega a cidadanía os principais obxectivos desta iniciativa europea para potenciar un crecemento económico sostible e respectuoso co medio ambiente.

A exposición busca tamén conectar co público máis novo a través dun xogo en liña en formato de escape room que está baseado nos retos do Pacto Verde Europeo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.