O CHUAC homenaxea ao investigador visitante do Grupo de Investigación Cardiovascular da UDC, profesor do University Collegue, Willian J. McKenna

O doutor William J. McKenna, “investigador visitante senior” no Grupo de Investigación Cardiovascular (GRINCAR) da Universidade da Coruña será recoñecido como “Visitante Ilustre” polo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), nun acto que terá lugar mañá xoves, 27 de maio, ás 13:00 horas no salón de actos do centro hospitalario

O Dr. McKenna é profesor emérito de Cardioloxía do University Collegue de Londres e asesor científico de Health in Code, empresa que foi spin off da Universidade da Coruña. A súa área de interese principal é a investigación clínica e básica no campo das miocardiopatías, na que é unha autoridade mundial. Impartiu innumerables conferencias nos principais congresos da súa especialidade e publicou máis de 500 artigos nas principais revistas científicas, cunha gran influencia no desenvolvemento científico da área (índice H=125).

No acto de mañá xoves será presentado polos doutores Antón Fernández, director Asistencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee; José Manuel Vázquez, xefe do Servizo de Cardioloxía do CHUAC, e Javier Muñiz, catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da UDC. Vázquez e Muñiz son tamén investigador e coordinador, respectivamente, de GRINCAR, grupo no que o Dr. McKenna está realizando a súa estadía dun ano.

O Dr. McKenna impartirá unha conferencia sobre a morte súbita na xente nova, tema de gran importancia social, e discutirá a continuación aspectos puntuais de especial interese cos Drs. Barriales e Monserrat. O acto finalizará co recoñecemento de “visitante ilustre” por parte do Dr. Luis Verdes, Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.