O Laber Xiria irá ao Sector Estatal

A pasada fin de semana disputouse a Final Four xuvenil en Pontevedra, dito evento viña a determinar cales eran os catro mellores equipos de Galicia. O Laber Xiria, logo de perder nas semifinais contra o Colegio los Sauces Cisne (29-21), acadou o terceiro posto tras vencer ao Carballal (28-30) e obtén unha praza para o sector do Campionato de España.

SEMIFINAIS, COLEGIO LOS SAUCES CISNE – LABER XIRIA (29- 21)

O primeiro partido da fin de semana enfrontaba ao Laber Xiria cos anfitrións, o Cisne. O comezo do partido estivo marcado pola intensidade, sen embargo, xa nos primeiros minutos o Cisne conseguía abrir oco no marcador. Con todo o Laber seguíu loitando pero, unha e outra vez batía coa muralla da 6-0 que propoñia o equipo Pontevedrés. A piques de chegar ao descanso e, grazas a unha defensa 5-1 os carballeses conseguían recurtar distancias no marcador.

A volta do descanso o partido seguiu a mesma liña. Un loitador Laber non lle perdía a cara o partido en ningún momento,sen embargo,a maior fortaleza física do Cisne facía todo máis difícil. A pesares de non facer o seu mellor partido os carballeses mostraron loita e empuxe ata o final do partido.

 

3 e 4 POSTO, CARBALLAL – LABER XIRIA (28-30)

Partido decisivo que se afrontaba coma unha final por parte dos carballeses e, partido que daba acceso a unha praza no sector do campeonato de España. Debido a importancia deste partido os nervios foron unha parte fundamental no principio do partido, que comezaba con pequenas rentas a favor do Carballal. A partir de ese momento, grazas a unha boa defensa apoiada por unha portería moi acertada, o Laber conseguía darlle a volta ao marcador e comezar a poñer diferenzas no marcador. Un ataque moi dinámico só se vía freado polos cambios defensivos do Carballal, sen embargo, o criterio no ataque facía que as diferenzas continuaran a aumentar ata o 12-17 ao descanso.

A segunda parte foi todo o que se pode esperar nun partido no que te xogas tanto. Nun comezo os carballeses continuaban mantendo as distancias no marcador no que estaba a ser un vaivén dos ataques fronte as defensas. Sen embargo, ainda que o Xiria contaba con unha ventaxa de 8 goles no ecuador da segunda metade, a parte final do partido foi de infarto. O Laber perdía o criterio no ataque por momentos e o Carballal ía recurtando distancia aos poucos. Con todo, o Laber conseguíu acabar vencendo grazas á labor defensiva que lle restou importancia aos numerosos erros finais do ataque.

Grazas a esta vitoria o Laber acadou a terceira posición do campeonato galego xuvenil e con ela unha praza no sector do Campionato de España. Recompensa ao traballo e entrega destes rapaces en cada adestramento e cada partido. A maiores, o porteiro carballés Mateo Pallas (cadete de segundo ano) foi nomeado mellor porteiro da Final Four.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.