O persoal de Viaqua comezou hoxe as mobilizacións en defensa do seu convenio

 Os traballadores e traballadoras de Viaqua comezaron hoxe en Pontevedra as mobilizacións en defensa do seu convenio, de ámbito autonómico. As protestas continuarán os próximos días en Fene, Ourense e Santiago de Compostela. Desde a Federación de Construción e Servizos de CCOO critican a «falta de vontade negociadora» por parte da empresa, que pasados dous meses aínda non respondeu a última proposta sindical.

As negociacións do convenio de Viaqua comezaron o 22 de xaneiro do ano pasado. Nese período houbo dez reunións, nas que o comité «fixo todo o posible» por lograr un texto «xusto», mesmo variando a plataforma reivindicativa para achegar posicións.

Porén, a patronal «amosou desde o comezo unha actitude insensible», incluso presentando unha proposta que deixaría varias categorías profesionais con soldos inferiores ao convenio estatal.

Se Viaqua non varía a súa actitude, despois desta semana de mobilizacións non se descarta a convocatoria dunha folga, advirte CCOO.

Próximas mobilizacións

— 6 de maio: ás 12:30 horas diante do Concello de Fene

— 10 de maio: ás 12:30 na praza Maior de Ourense

— 11 de maio: ás 12:30 na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.