Os socialistas coruñeses concéntranse contra a homofobia

Os socialistas da Coruña reuníronse hoxe diante daárbore de Marcela e Elisa para mostrar o seu rexeitamento a calquera forma de violencia contra as persoas LGTBI, con motivo do Día Internacional contra a homofobia, a transfobia e a bifobia.
A secretaria xeral dos socialistas coruñeses, Eva Martínez Acón, estivo acompañada polo
deputado no Parlamento de Galicia, Pablo Arangüena, A subdelegada do gobernó na
Coruña e secretaria de igualdade da Comisión Executiva Local, Pilar López Riobóo e o
coordinador LGTBI do PSdeG, Víctor Caramés, que foron os encargados de ler o
manifesto do PSdeG contra a homofobia.
Antes da lectura do manifesto, Eva M. Acón sinalou que actos como este son necesarios,
porque “a LGTBIfobia segue instaurada na nosa sociedade en diferentes ámbitos,
personal, profesional…” e aportou o dato que “só se denuncian un 10% dos delitos de
odio e discriminación ao colectivo LGTBI.”
A secretaria xeral insistiu en que se debe “instar aos poderes públicos, aos que
formamos parte de partidos políticos, aos que teñen responsabilidade política, desde o
activismo e a nivel individual a denunciar a LGTBIfobia.” E tamén destacou a
importancia da educación e de que ter unha Rede educativa de apoyo LGTBI para
formar desde a infancia na diversidade afectivo – sexual.
Concluiu afirmando que “desde o PSdeG apostamos por unha sociedade inclusiva e
diversa, donde ninguén se sienta discriminado pola súa orientación sexual ou identidade
de xénero e seguiremos loitando para erradicar os delitos de odio”.
No acto tamén estaban presentes as concelleiras Esther Fontán e Diana Cabanas, así
como activistas LGTBI, outros membros da comisión executiva do PSOE local e militantes
socialistas.
Previamente os socialistas coruñeses tamén fixeron a tradicional ofrenda floral ante o
monumento a Curros Enríquez con motivo do Día das Letras Galegas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.