Paco Lodeiro, presenta “Pezas Extraordinarias”, unha recompilación dos mellores temas da música galega

O proxecto Pezas Extraordinaras  iniciouse esta semana, cunha deliciosa versión cool do Sacristán de Coimbra, con arranxos jazzísticos de Pedro Lamas, e coa participación dos músicos máis prestixiosos do País.

Neste traballo, Paco Lodeiro faise acompañar das voces máis coñecidas da Verbena Galega, Como Cesar Romero da orquestra Cinema, Noly de Os Satélite, Irene Iglesias da Orquestra Panorama, Diego Moreira da Paris de Noia, Laura Añòn da Orquestra Finisterre ou Alejandra Pais de Fania Blanco Show. Irán presentandonos temas semana a semana.

Paco Lodeiro é un showman, un animal todoterreno do espectáculo que moitos recoñecen pola  exitosa e ampla traxectoria como presentador, imitador, creador de formatos televisivos ou produtor.  A súa forza mediática fai que moitos esquezan que todo isto comezóu co seu primeiro disco nos anos 90, na que Lodeiro amosaba a súa gran voz, e a súas dotes para o show.

Profesionalmente, o camiño dos éxitos televisivos fixo que a música non fora o a súa principal dedicación, aínda que sempre mantivo unha relación activa con ela como autor dos temas da serie “Libro de Familia”, participando en discos cos Satélites, Os Tamara, ou con Rosa Cedrón coa que, ademáis, realiza fermosos concertos nos que tocan as Bandas Municipais das Cidades e Vilas que visitan; Rosa e Paco cantan un exquisito repertorio de clásicos da música galega e Boleros.

Neste Pezas Extraordinarias, o showman amósanos o Crooner que é, posuidor dunha voz engaiolante, que cos anos gaña prestancia na súa tesitura. A idea inicial da discográfica Mare Producións, era elaborar un disco con Lodeiro en solitario, con arranxos elegantes de temas imprescindibles da nosa música.

O showman convenceu á produtora para reconducir o plantexamento inicia, cara a un disco con colaboracións coas grandes voces dos rapaces que comparten con él a súa exitosa aventura televisiva na “Liga dos cantantes extraordinarios“.

A mestúra é inédita e prometedora. Temas inesquecibles, arranxos impecables, grandes músicos, un Crooner e o acompañamento das mellores voces da Verbena.

As pezas extraordinarias iranse estreando semana a semana en Spotify

E na canle de YouTube.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.