Pauliña, Xoana e Elba Pedrosa completan a cuarta edición de Elas Son Artistas, o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade

Pauliña, Xoana e o obradoiro de creatividade de Elba Pedrosa completan a cuarta edición da cita, iniciada o pasado mes de abril e que se estenderá ata decembro con diversos eventos culturais en oito concellos dá área metropolitana da Coruña

A cultura sálvanos, e dada a situación que atravesamos, resulta máis necesaria que nunca. A cuarta edición do ciclo Elas Son Artistas así o testemuña. O Festival Metropolitano de Música e Artes Pola Igualdade botaba a andar hai apenas un mes e nas súas tres primeiras citas xa colgou o cartel de completo. Mabel Flores en Oleiros, Black en Bergondo e Iria Pinheiro en Betanzos ofreceron ao público asistente diversas propostas que resultaron todo un éxito, pero isto non se detén.

Este próximo domingo día 30, a artista madrileña Mäbu chega a Arteixo disposta a ‘facer de quita penas’. O concerto celebrarase ás 20.30 horas e as e os asistentes poderán recoller as súas invitacións desde unha hora antes da apertura de portas, poderán retirarse un máximo de cinco por persoa.

Pauliña, Xoana e Elba Pedrosa son as últimas confirmacións do Festival, e completan así un cartel de 16 artistas de diversas artes (música, teatro, arte visual…) que actuarán, ata o próximo mes de decembro, nos oito concellos dá área metropolitana: Arteixo, Betanzos, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Oleiros e Sada.

Novas voces femininas de marcado carácter e personalidade. Pauliña estará en concerto o próximo 13 de xuño na Piscina Municipal de Carral. Antes, o público poderá gozar de “Amparo”, un espectáculo de de danza da man de Danza Compañía Entremans. Tamén se clausurará o obradoiro mural da man de 7H Cooperativa Cultural empezado o ano pasado. As persoas interesadas en inscribirse deberán dirixirse á Casa da Cultura (tel. 981 672 580) de Carral. Só haberá 10 prazas.

A voz de Xoana estará o próximo 15 de agosto conquistando o Auditorio da Igrexa de Cambre, onde presentará ‘Dardos’, o seu primeiro traballo, e a escritora e comunicadora Elba Pedrosa impartirá, os días 29 e 30 de xuño, un obradoiro de creatividade na Casa Museo Emilia Pardo Bazán, en A Coruña, en horario de 17.00 a 19.00 horas. Para asistir é necesaria inscrición previa; esta pode formalizarse en elassonartistas@gmail.com, ata alcanzar a cota máxima de 12 participantes.

Elas Son Artistas é moito máis que un ciclo ou un festival de diversas artes, é unha reivindicación pola igualdade e unha homenaxe á muller creadora. Por iso resulta de vital importancia que empresas como Gadis ou Coca-Cola apoien a iniciativa. Neste 2021, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e AIE, co seu fondo de proxectos artísticos, tamén fan posibles o desenvolvemento dalgúns eventos, polo que desde a organización do Festival resulta necesario incidir no agradecemento a todas aquelas entidades que, en momentos complicados como o que vive o mundo da cultura, tenden pontes e redes de apoio.

Compre destacar e recordar que a cultura é segura, e que todolos eventos de Elas Son Artistas cumpren cos diversos protocolos de seguridade. A situación sanitaria tamén pode levar a modificacións no calendario previsto, pero se algo levamos de aprendizaxe nestes últimos meses é, dende logo, a capacidade de adaptación.

O listado de artistas confirmadas ata o momento está formado por:

  • Agoraphobia
  • Aida Saco Beiroa
  • Astrogirl
  • Black co seu espectáculo “Voces de muller”
  • Carmen Boza
  • Elas tamén pintan (Coop 7H)
  • Elba Pedrosa
  • Eme Dj
  • Iria Pinheiro con “Anatomía dunha serea”
  • Mabel Flores
  • Mäbu
  • Martirio e Chano Domínguez
  • Pauliña
  • The Dirty Denims (Suíza)
  • Vanesa Álvarez
  • Xoana

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.