Podemos denuncia que Jácome se esqueceu dos dereitos das traballadoras do SAF cando chegou á alcaldía

Podemos Galicia denunciou este venres o desmantelamento do Servizo de Asistencia no Fogar (SAF) de Ourense por parte das empresas contratistas e coa complicidade do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

O voceiro Victor Ferreiro lembrou que o rexedor quixo suspender esta asistencia en plena pandemia por falta de equipos de protección, un despropósito que a xustiza tombou ao tratarse dun servizo esencial. «Jácome estase a quedar de brazos cruzados mentres que as empresas despiden ás traballadoras», sinalou Ferreiro. Xa son cinco as auxiliares despedidas.
Podemos Galicia, que acudirá este sábado á mobilización convocada polo SAF, instou ao goberno de Jácome a cumprir o convenio e a parar os despedimentos de maneira inmediata, protexendo ás traballadoras e as usuarias deste servizo, cuxa calidade asistencial empeora, a medida que se precariza ás traballadoras, á par que se incrementan os beneficios das empresas contratistas.
«Hai que reforzar o SAF, incrementar o persoal, parar as rotacións e asegurar a estabilidade laboral das traballadoras. A asistencia no fogar é un servizo básico que ten que ser público, privatizar implica máis custos para a cidadanía e un empeoramento do servizo», sostivo Ferreiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.