Presentada aos veciños de Vilalba a renovación do vial de acceso ao barrio de Uceira-Goiriz

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e o concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández, presentáronlle esta mañá aos veciños os traballos de acondicionamento do pavimento no vial que da acceso ao barrio de Uceira-Goiriz

Os traballos realizaranse no camiño municipal que atravesa en dirección norte as parroquias de Sancobade e Goiriz, incluído o barrio de A Uceira, dende a estrada LU-120.

Esta vía é o percorrido natural da veciñanza destes núcleos de poboación, en dirección ás principais vías de comunicación cara o centro urbán de Vilalba.

Doutra banda, o tramo soporta unha importante densidade de tráfico lixeiro e pesado, debido ás explotación gandeiras e agrícolas da zona así como ós vehículos de transporte destinados á explotación madereira. Este fluxo de tráfico e mais o paso do tempo provocaron o deterioro do pavimento actual, existindo zonas con deformacións e puntos onde o pavimento desapareceu.

As obras contan cun orzamento de 48.369 euros e un período de execución dun mes. Os traballos enmárcanse no Plan Único da Deputación de Lugo.

Para a mellora e mantemento desta vía, proponse a limpeza de noiros, regularizar a súa superficie e executar unha nova capa de aglomerado. Ademais procederase á súa sinalización horizontal e vertical e habilitarase a cota dos pozos de reixstro existentes no seu percorrido.

“O estado desta vía provoca que o seu acondicionamento sexa urxente, para evitar que continúe deteriorándose e garantir así a seguridade viaria da veciñanza destas parroquias”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.