20 persoas desaloxadas tras o derrubamento e incendio dun edificio deshabitado en Vilalba

Un edificio de tres plantas ardeu por completo logo de derrubarse a súa fachada por mor dunha explosión tras un escape de gas, segundo sinalou a Garda Civil, na rúa da Pravia, en Vilalba

O 112 Galicia tivo coñecemento do sucedido no concello lucense, á unha da madrugada, a través da chamada dun particular que alertaba do derrubamento dun edificio deshabitado.

Nese momento, desde o 112 informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, aos Bombeiros de Vilalba, á Policía Local, a Protección Civil e á Garda Civil. Tamén colaboraron os Bombeiros do Eume e o persoal do Centro de Coordinación de Incendios Forestais de Galicia.

Ademais, os medios de extinción solicitaron a intervención da empresa subministradora do gas para cortar, o máis axiña posible, o abastecemento e evitar que o incendio fose a maiores.

A Garda Civil informou de que tiveron que ser evacuados varios edificios colindantes e de que desaloxaron a vinte e seis persoas. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais e só unha muller precisou ser atendida, no punto, polos servizos sanitarios.

Contra as cinco e media da madrugada, os Bombeiros de Vilalba informaron ao CIAE-112 de que o incendio estaba xa apagado pero que seguían no punto coas tarefas de arrefriamento da zona.

A estas horas, os medios de extinción e as forzas da orde continúan no lugar dos feitos para asegurar a zona e evitar riscos para as vivendas colindantes.

Foto portada: (Arquivo)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.