A área de Cultura convoca o 21 certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a convocatoria da 21 edición do certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo, que este ano se celebrará o domingo 11 de xullo. No certame poderán participar todas as artistas maiores de 18 anos que o desexen, presentando unha única obra, que non se poderá asinar ata o momento no que se coñeza o ditame do xurado, que estará composto por profesionais das artes plásticas.

«O estilo e a técnica serán libres e a súa temática xirará sobre a cidade de Lugo en toda a súa extensión», afirmou Maite Ferreiro. A execución será directa, diante do motivo ou do modelo natural. As inscricións realizaranse o día do certame, no momento de selado do soporte, entre as 09:00 e as 11:00 horas nas oficinas da área de Cultura para ser selado. As obras presentaranse entre as 16:00 e as 17:00 horas na Praza Maior, onde se coñecerá o ditame do xurado ás 18:00 horas. A partir dese momento, e ata as 20:00, farase unha exposición con todas as obras. Ao remate, as autoras e autores non premiadas poderán facerse cargo das súas obras.

O importe total dos premios é duns 5.550 euros distribuídos deste xeito: un primeiro premio dotado con 1.600 euros, un segundo con 1.100 e un terceiro, con 900. A maiores entregaranse 5 accésits de 300 euros e un premio especial ao artista local, nacido ou residente en Lugo, de 450 euros. Ademais todas as persoas galardoadas recibirán un diploma acreditativo.

2 comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.