A Deputación investirá 106.476€ na mellora do drenaxe transversal da estrada DP 1707 ao seu paso polo río San Pedro, en Iñás (Oleiros)

A Deputación da Coruña financiará con 106.476 euros as obras de substitución do sistema de drenaxe transversal da estrada provincial DP 1707 de Oleiros a Pravio ao seu cruce do río San Pedro, na parroquia de Iñás (Oleiros). O proxecto vén de ser aprobado na comisión de Vías e Obras e será ratificado definitivamente no pleno provincial do vindeiro 30 de xuño
As dimensións do sistema de drenaxe actual (0,70 x 1,20 metros) resultan insuficientes para un correcto desagüe, o que produce inundacións periódicas nas fincas colindantes ao cauce do río.
Para evitar estas afeccións, a Deputación subtituirá o actual drenaxe transversal por un novo sistema formado por marcos prefabricados de formigón armado de 3×2 metros, que se colocará paralela á existente, de tal forma que a antiga instalación poda seguir en funcionamento durante a execución das obras e ata o seu remate.
A obra efectuarase en fases sucesivas para non cortar ao tráfico a estrada DP 1707, aínda que será necesario habilitar pequenos desvíos provisionais. Unha vez completada a obra, reporase completamente a sección da estrada provincial, adecuando a súa anchura á nova plataforma.
O prazo de execución será de tres meses a partir do inicio das obras.